Programa ACADEMIA de acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios

Programa ACADEMIA, a través das súas Comisións de Acreditación, leva a cabo o proceso de avaliación curricular para a obtención da acreditación para o acceso aos corpos docentes universitarios de Profesor Titular de Universidade e Catedrático de Universidade. Inclúe o procedemento para a exención do requisito de pertencer ó Corpo de Profesores Titulares de Universidade ó que se refire o art. 60.1 da Lei Orgánica 6/200, do 21 de decembro. Código SIA: 1220175

Prazo de presentación de solicitudes: ABERTO PERMANENTEMENTE

 

INFORMACIÓN XERAL

 Descrición:

Programa ACADEMIA, a través das súas Comisións de Acreditación, leva a cabo o proceso de avaliación curricular para a obtención da acreditación para o acceso aos corpos docentes universitarios de Profesor Titular de Universidade e Catedrático de Universidade. Inclúe o procedemento para a exención do requisito de pertencer ó Corpo de Profesores Titulares de Universidade ó que se refire o art. 60.1 da Lei Orgánica 6/200, do 21 de decembro.

Modalidades:

  • Acreditación para o acceso ós corpos de Profesor Titular de Universidade e Catedrático de Universidade.
  • Procedemento para a exención do requisito de pertencer ó Corpo de Profesores Titulares de Universidade ó que se refire o art. 60.1 da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro.
  • Procedemento de recoñecemento de equivalencia dunha posición acadada nunha universidade dun Estado Membro da Unión Europea.

 

Destinatarios:

 

Doutores, Profesores Titulares de Escola Universitaria, Profesores Titulares de Universidade, Profesores de universidades de Estados Membros da Unión Europea.

 

Requisitos:

  • Acreditación para o acceso ó Corpo de Profesores Titulares de Universidade:Para optar á acreditación para profesor ou profesora titular de universidade, é requisito indispensable estar en posesión do título de Doutor.
  • Acreditación para o acceso ó Corpo de Catedráticos de Universidade: Para optar á acreditación para catedrático de universidade, deberá cumprirse un destes requisitos:
  1. a) Pertencer ó Corpo de Profesores Titulares de Universidade
  2. b) Atoparse nalgunha das situacións contempladas no art. 13, do RD 1312/2007, modificado polo RD 415/2015.

 

 NOTA: Ao acceder a este procedemento, temporalmente será redirixido á sede electrónica doutro organismo.