Estadías de mobilidade no estranxeiro José Castillejo para doutores xoves 2021
Esta modalidade ten por obxecto financiar estadías que favorezan e incentiven a mobilidade de doutores xoves que se incorporasen recentemente á carreira docente e investigadora e manteñan unha vinculación contractual como profesores e investigadores cos seus centros de adscrición. Os centros para os que se solicite a estadía de mobilidade deberán estar situados no estranxeiro e serán universidades e centros de investigación altamente competitivos na área científica do candidato. Código SIA: 995678
Estado da convocatoria: ABERTO
Prazos de solicitude: Do 12 de xullo do 2021 ao 31 de agosto de 2021.
INFORMACIÓN XERAL
Descrición:
Esta modalidade ten por obxecto financiar estadías que favorezan e incentiven a mobilidade de doutores xoves que se incorporasen recentemente á carreira docente e investigadora e manteñan unha vinculación contractual como profesores e investigadores cos seus centros de adscrición.
Os centros para os que se solicite a estadía de mobilidade deberán estar situados no estranxeiro e serán universidades e centros de investigación altamente competitivos na área científica do candidato.
Número de prazas:
O número de axudas previstas é de 260 estadías, das cales ata 30 poderán corresponder a estadías nos EEUU no marco do Programa Fulbright.
Requisitos:
- Que a obtención do grao de doutor se producise con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2010, agás os funcionarios de carreira das universidades públicas españolas ou pertencentes ás escalas de investigación do CSIC ou dos OPIs, en cuxo caso, aínda que o grao se obtivese con anterioridade, deben concorrer sempre na Modalidade A.
- Estar en servizo activo e con dedicación a tempo completo na vinculación acreditada con organismo de orixe que ha de estar conforme coa subvención solicitada.
- Que non se gozase de estadías no estranxeiro por un período acumulado superior a seis meses durante os últimos 4 anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, contabilizándose calquera estadía de duración igual ou superior a un mes. En cumprimento deste requisito, debe manterse a data de inicio da estadía.
Máis información:
Duración. Datas de inicio e fin das estadías
- As estadías han de ter unha duración mínima de 3 meses e máxima de 6 meses.
- As estadías deberanse realizar entre o 1 de maio de 2022 e o 31 de decembro de 2022. Con todo, no caso daqueles profesores/investigadores que iniciasen ou realizasen a estadía con anterioridade, dende xaneiro de 2021, e así o manifestasen nas correspondentes solicitudes, para o caso da concesión da axuda, esta terá efectos retroactivos sempre que se acredite a realización da estadía nos termos requiridos na convocatoria.
- Os solicitantes que se decidan por presentar a solicitude ao Programa Fulbright, só poderán solicitar unha data de inicio posterior ao 1 de xuño de 2022.
- As estadías solicitaranse e concederanse, en tódolos casos, dende o día 1 do mes de inicio ata o último día do mes de finalización.
Proxectos que se han de realizar e grupos receptores
- Para levar a cabo o proxecto beneficiario, deberá integrarse nun grupo do centro receptor e un dos seus membros deberá asumir a responsabilidade da actividade docente/investigadora do mesmo ao longo da estadía. Non se poderán admitir a trámite solicitudes nas que non haxa un grupo receptor formado, como mínimo, por dous profesores/investigadores do devandito centro.
Centros de destino
- A estadía deberá solicitarse para un só centro de destino, que será o centro receptor.
- Os centros para os que se solicite a mobilidade deberán estar situados no estranxeiros e serán universidades e centros de investigación altamente competitivos.
- En ningún caso poderá coincidir o país de destino coa nacionalidade do beneficiario agás que este acredite ter a súa residencia legal en España e que pasasen como mínimo 2 anos con vinculación indefinida no centro de adscrición.
- Só nos casos nos que o candidato acredite un grao de discapacidade superior ao 65 %, non será obrigatoria a mobilidade ao estranxeiro e o centro receptor poderá estar, excepcionalmente, en territorio español, pero requirirase cambio de residencia habitual.
Incompatibilidades
- As subvencións só serán compatibles coa vinculación contractual ou funcionarial do beneficiario no centro de adscrición.
- As subvencións serán incompatibles con calquera compromiso ou actividade profesional non vencellada directamente ó traballo de investigación financiado que requira unha ausencia do beneficiario do seu centro de destino.
- Para máis información a este respecto, consulte o artigo 22 da convocatoria.
Información na Base de Datos Nacional de Subvencións
- Base de Datos Nacional de SubvenciónsData de publicación: 21-06-2021
PRESUPOSTO
As subvencións supoñen:
- Unha dotación mensual en concepto de gastos de aloxamento e manutención entre 2.150 e 3.100 euros ó mes, ou a parte proporcional polos días que correspondan se no mes de inicio e finalización non se permanece no centro receptor durante todo o mes.
- Unha dotación para gastos de viaxe de ata un máximo de 1.200 euros.
- Unha dotación para gastos de instalación de ata un máximo de 2.500 euros.
Estas dotacións varían en función do país de destino e os importes de cada país figuran no Anexo da convocatoria.
Tódolos beneficiarios das subvencións deberán dispor obrigatoriamente dun seguro de accidentes, cuxo custo poderá ser imputado á axuda de gastos de instalación.
Respecto á asistencia sanitaria, os beneficiarios que pertenzan ó Réxime Xeral da Seguridade Social e teñan un centro receptor en países nos que non teña validez a Tarxeta Sanitaria Europea, deberán subscribir unha póliza de asistencia, cuxo custo poderá ser imputado á axuda en concepto de gastos de instalación.
Os beneficiarios que pertenzan a MUFACE gozarán da asistencia sanitaria no estranxeiro nos termos establecidos e cubertos pola súa mutualidade e só poderán imputar a contratación dun seguro de asistencia naqueles casos nos que o centro receptor esixa a contratación obrigatoria dunha póliza concreta ou cunhas condicións que non cubra MUFACE.
BENEFICIARIOS
Profesores ou investigadores con vinculación de funcionario interino ou vinculación contractual, como persoal docente ou investigador, para cuxa formalización se requirise o grao de doutor, e a data de finalización do contrato sexa posterior á data de terminación da estadía de mobilidade solicitada. A vinculación debe ser cun centro de investigación que cumpra cos requisitos esixidos no artigo 8 da convocatoria.
ÓRGANO INSTRUTOR
Secretaría Xeral de Universidades
TIPO DE FINANCIACIÓN
Subvención
RÉXIME DA CONVOCATORIA
Concorrencia competitiva
INFORMACIÓN DE CONTACTO
- Para consultas de profesores e investigadores solicitantes: castillejo@universidades.gob.es
- Para consultas dos organismos de adscrición: organismos@universidades.gob.es
NOTA: Ao acceder a este procedemento, temporalmente será redirixido á sede electrónica doutro organismo.