Recoñecemento de títulos obtidos na Unión Europea para o exercicio de profesións reguladas en aplicación da Directiva 2005/36/CE

A través deste servizo, pódese solicitar o recoñecemento de títulos obtidos na Unión Europea para o exercicio de profesións reguladas en España segundo o establecido no Real Decreto 581/2017, do 9 de xuño (Directiva 2005/36/CE de recoñecemento de cualificacións profesionais)

Poderase solicitar o recoñecemento profesional de títulos obtidos (ou recoñecidos) nos Estados membros da Unión Europea, nos Estados do Espazo Económico Europeo ou en Suíza, coa finalidade de poder acceder e exercer algunha das profesións reguladas competencia do Ministerio de Universidades:

  • Mestre de Educación Infantil
  • Mestre de Educación Primaria.
  • Profesor de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
  • Profesor de Universidade.
  • Profesor de Ensinanzas Artísticas.
  • Profesor de Ensinanzas de Idiomas.
  • Profesor de Ensinanzas Deportivas.
  • Profesor de Formación Profesional.

As solicitudes son tramitadas por estrito orde de data de recepción e as solicitudes duplicadas desestimaranse.

Se a tramitación non se realizou a través da Sede Electrónica, a situación do expediente asociado deberá consultarse dende: Consulte o seu expediente.

Antes de continuar co proceso de solicitude, por favor, lea atentamente a seguinte información de utilidade:

IconoInternet Prema aquí para obter máis información...

 

Para realizar a tramitación telemática da solicitude, prema o botón Acceder ó Procedemento: