Recoñecemento de títulos obtidos na Unión Europea para o exercicio de profesións reguladas en aplicación da Directiva 2005/36/CE
Por favor, lea atentamente a seguinte información de interese en relación co procedemento de acreditación de títulos.
INFORMACIÓN XERALPrazo de presentación de solicitudes: ABERTO PERMANENTEMENTE Descrición A través deste procedemento poderase solicitar o recoñecemento profesional de títulos obtidos (ou recoñecidos) nos Estados membros da Unión Europea, nos Estados do Espazo Económico Europeo ou en Suíza, coa finalidade de poder acceder e exercer algunha das profesións reguladas competencia do Ministerio de Universidades: Mestre de Educación Infantil, Mestre de Educación Primaria, Profesor de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Profesor de Universidade, Profesor de Ensinanzas Artísticas, Profesor de Ensinanzas de Idiomas, Profesor de Ensinanzas Deportivas e Profesor de Formación Profesional. Destinatarios Nacionais dun Estado membro da Unión Europea, dun Estado asinante do acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou Suíza con título universitario oficial obtido (ou recoñecido) nalgún destes países. |
TRAMITACIÓNPresentación de solicitudes A tramitación deste procedemento realizarase por medios electrónicos. As solicitudes tramitaranse por estrito orde de data de recepción e as solicitudes duplicadas desestimaranse. Tramitación telemática da solicitude Non realice unha tramitación telemática se previamente xa realizou unha tramitación presencial da solicitude Pode acceder á tramitación telemática da solicitude de Recoñecemento de título a través da pestana procedementos da sede electrónica do Ministerio de Universidades, opción «Títulos universitarios». Para presentar a solicitude, prema o botón «Acceder ó procedemento» que figura na parte inferior dereita da pantalla e acceda ó espazo de tramitación. Pode identificarse mediante o sistema cl@ve; na páxina de tramitación dispón de toda a información dos requisitos necesarios. Tamén ten a opción de identificarse mediante usuario e contrasinal. Para iso, deberá crear o usuario previamente na sede. Dispón de varias pestanas para cumprimentar a información solicitada. Prepare a documentación que vaia aportar á solicitude; o procedemento telemático requiriralle a documentación necesaria para o seu caso. Pode gardar un borrador da súa solicitude e ir completando a documentación previamente á súa presentación. Unha vez presentada a solicitude premendo en enviar, quedará tamén rexistrada no rexistro xeral das administracións públicas e o sistema xeraralle un xustificante desta presentación por rexistro. Unha vez rexistrada a solicitude, queda habilitado o servizo de consulta do expediente. |
DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE PRESENTAR1. A solicitude A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación: 1. Documento que acredite a identidade e nacionalidade do solicitante, expedido polas autoridades competentes do país de orixe ou de procedencia ou polas autoridades españolas competentes en materia de estranxeiría. No caso dos cidadáns españois, o documento nacional de identidade ou autorización para verificar os datos de identidade que están en poder da Administración. 2. Título ou título(s) académico(s) e/ou profesional/profesionais. 3. Copia da certificación académica oficial dos estudos realizados para a obtención do título ou títulos na que consten, entre outros extremos, a duración dos mesmos en anos académicos e as materias cursadas. 4. Tradución oficial ó castelán do título(s) académico(s) e/ou profesional/profesionais e da certificación académica oficial. Os documentos anteriores son imprescindibles para iniciar o procedemento. 2. Documentación específica Nos seguintes casos, ademais da documentación indicada para iniciar o expediente, é necesario presentar a seguinte documentación específica: • Profesións docentes en niveis non universitarios No caso de españois, certificado de delitos de natureza sexual. No caso de estranxeiros con outra nacionalidade ademais da española, deberán solicitarlle ás autoridades do seu outro país de nacionalidade unha certificación na que se faga constar, no seu caso, os antecedentes penais por delitos de natureza sexual. • Regulación da profesión Cando o Estado no que se obtivese o título (ou títulos) regule a profesión á que dá acceso o devandito título, certificación expedida pola autoridade competente correspondente que acredite o cumprimento dos requisitos para o exercicio da profesión regulada de que se trate en devandito país, a efectos do seu exercicio noutro Estado da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou en Suíza, de acordo co disposto na Directiva 2005/36/CE. No seu caso, tradución oficial do certificado de conformidade coa Directiva 2005/36/CE. Cando o Estado no que se obtivese o título (ou títulos) NON regule a devandita profesión, certificado que acredite o exercicio profesional de pleno dereito nese Estado ou noutro dos países nos que se aplica esta directiva, excepto España, durante un ano, ou a tempo parcial durante un período total equivalente, no transcurso dos últimos dez anos. No seu caso, tradución oficial do certificado que acredite o exercicio profesional. |
RESOLUCIÓN DEFINITIVAAs resolucións de recoñecementos de títulos formalizaranse mediante credencial expedida pola Subdirección Xeral de Títulos e Ordenación, Seguimento e Xestión das Ensinanzas Universitarias do Ministerio de Universidades. |
NORMATIVADirectiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea, do 7 de setembro - Data de publicación no DOUE: 30-09-2005 Directiva 2013/55/UE do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea, do 20 de novembro - Data de publicación no DOUE: 28-12-2013 - Data de publicación no BOE: 10-06-2017 - Data da última actualización no BOE: 22-12-2021 |