Accesibilidade

Información sobre accesibilidade relacionada coa Sede Electrónica

O Ministerio de Universidades, en consonancia co seu compromiso por favorecer a integración das persoas con discapacidade, incluíndo persoas con minusvalías físicas e cognitivas, e independentemente dos dispositivos tecnolóxicos empregados para acceder á información, traballou de acordo coas Directrices de Accesibilidade definidas polo grupo de traballo permanente Web Accessibility Initiative (WAI), do Consorcio para a World Wide Web (W3C), para cumprir co nivel AA incluído nas pautas WCAG 2.1

A páxina desenvolveuse empregando XHTML (eXtensible Hypertext Markup Language) e follas de estilo, cumprindo na medida do posible coas validacións XHTML 1.0 y CSS (Cascading Style Sheets) do W3C. Entre as principais medidas adoptadas para garantir a accesibilidade, atópanse as seguintes:

  • Tamaño do texto. As fontes empregadas teñen dimensións relativas, de xeito que o usuario pode controlar o seu tamaño dende o navegador que este a empregar.
  • Deseño, navegación e interactividade. Tentouse acadar unha navegación coherente en todo o sitio web, seguindo os mesmos esquemas estruturais en tódalas páxinas.
  • Atallos de teclado. Establecéronse unha serie de atallos de teclado para o acceso ás opcións do menú de navegación, así como dos enlaces que se atopan no pé de páxina. Estes atallos varían dependendo do navegador que se empregue: Con Internet Explorer 5 e superior, débese premer alt, a tecla de atallo e despois, a tecla intro.
  • Con Mozilla e Netscape, débese premer alt e a tecla de atallo correspondente.
  • Con Firefox para entorno PC, débese premer alt, a tecla maiúsculas e a tecla de atallo.
  • Con Ópera para entorno PC, débese premer maiúsculas, a tecla escape e a tecla de atallo.