Procedimiento para el reconocimiento de la protección temporal a personas afectadas por el conflicto en Ucrania
Especificidad de las solicitudes de ucranianos
IMPORTANTE:
A Orde PCM/169/2022 do 9 de marzo pola que se desenvolve o procedemento para o recoñecemento da protección temporal a persoas afectadas polo conflito en Ucraína publicouse o 10 de marzo con efectos o devandito día. De acordo con este procedemento, concédeselles un NIE, número de identificación de estranxeiro, ós solicitantes. O Ministerio de Universidades revisará de oficio tódalas solicitudes incluídas na súa sede electrónica con NIE, dende a data de publicación ata o 19 de abril de 2022, data de publicación desta nota informativa.
Para axilizar a tramitación deste procedemento pola devandita protección temporal, diríxase a: titulos.protecciontemporalucrania@universidades.gob.es
Este correo é de uso exclusivo para a comunicación de expedientes de homologación e declaración de equivalencia de títulos universitarios estranxeiros previamente solicitados por persoas acollidas ó procedemento establecido na citada Orde PCM/169/2022, que se poderán atopar nalgunha destas situacións:
a) Nacionais ucraínos que residisen en Ucraína antes do 24 de febreiro de 2022.
b) Apátridas e nacionais de terceiros países distintos de Ucraína que gozasen de protección internacional ou dunha protección nacional equivalente en Ucraína antes do 24 de febreiro de 2022.
c) Membros das familias das persoas ás que se refiren os apartados a) e b), entendéndose por tales:
i. o cónxuxe ou a súa parella de feito.
ii. os seus fillos menores solteiros ou do seu cónxuxe, sen importar se naceron dentro ou fóra do matrimonio ou se son adoptados.
iii. a outros parentes próximos que vivisen xuntos como parte da unidade familiar ó comezo do conflito armado e que dependesen total ou principalmente deles.
d) Nacionais ucraínos que se atopasen en situación de estancia en España antes do 24 de febreiro de 2022 que, como consecuencia do conflito armado, non poden regresar a Ucraína.
e) Nacionais de terceiros países ou apátridas que residisen legalmente en Ucraína de acordo cun permiso de residencia legal válido (xa sexa permanente ou doutro tipo, como estudantes) expedido de conformidade co dereito ucraíno e que non poden regresar de forma segura e duradeira ó seu país ou rexión.
f) Nacionais ucraínos que se atopaban en situación irregular en España antes do 24 de febreiro e que, como consecuencia do conflito armado, non poden regresar a Ucraína.
g) Membros das familias das persoas ás que se refiren os apartados d) e e) nos termos citados no apartado c).
No correo electrónico deberán indicar a situación que xustifica este recoñecemento (a letra anterior), o NIE obtido no devandito procedemento, nome e apelidos do solicitante e doutros relacionados coa causa, data da solicitude de homologación do seu título estranxeiro e código da sede electrónica "Acceda" ou código do rexistro "Geiser" da devandita presentación.
Realizaranse as comprobacións pertinentes co Ministerio do Interior para determinar a adecuación de cada solicitude enviada ó devandito correo electrónico.