Validación de certificados e sinatura
Enderezo para a ferramenta de validación de certificados e sinatura da Administración Xeral do Estado
VALIDe é un servizo en liña ofrecido polo Ministerio de Política Territorial para a validación de Sinaturas e Certificados Electrónicos. É unha solución de referencia para cumprir coas medidas de identificación e autenticación descritas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
O obxectivo deste servizo é permitirlle ó usuario comprobar que o certificado empregado é un certificado válido e que non foi revocado. Tamén permite comprobar a validez da sinatura electrónica realizada mediante certificado dixital emitido por quen presta servizos de certificación recoñecido, así como realizar sinaturas mediante o certificado dixital do que se dispoña da clase privada correspondente.