Concesión do Título de Especialista en Ciencias da Saúde por vía de residencia e alumnado
Unha vez que os residentes finalizaron a formación e na avaliación final obtiveron a cualificación positiva, é necesario que se emita a «Orde de Concesión». Este trámite permite obter, en primeiro lugar, a Orde de concesión do título de Especialista en Ciencias da Saúde e, despois de pagar a taxa, tramitar a solicitude de expedición do correspondente título. É moi importante coñecer os detalles do procedemento para completalo correctamente. Para iso, por favor, consulte no apartado «Instrucións para iniciar o trámite» como debe realizar os distintos pasos. Código SIA: 055073
Convocatoria 2021
Residentes e alumnos que finalicen a partir de maio de 2021 e ata o 15 de abril de 2022.
Prazo de presentación de solicitudes: ABERTO dende o 13 de maio de 2021 ata o 15 de abril de 2022.
INFORMACIÓN XERALDescrición Unha vez que os residentes finalizaron a formación e na avaliación final obtiveron a cualificación positiva, é necesario que se emita a «Orde de Concesión». Este trámite permite obter, en primeiro lugar, a Orde de concesión do título de Especialista en Ciencias da Saúde e, despois de pagar a taxa, tramitar a solicitude de expedición do correspondente título. É moi importante coñecer os detalles do procedemento para completalo correctamente. Para iso, por favor, consulte no apartado «Instrucións para iniciar o trámite» como debe realizar os distintos pasos. Destinatarios Residentes que estean cursando actualmente e vaian finalizar o seu último ano de formación de especialista a partir de maio de 2020 nalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde polo sistema de residencia ou alumnado que figura no anexo I do Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro. Requisitos Os residentes poderanse rexistrar na Sede Electrónica antes de finalizar o seu último ano de formación especializada sanitaria, pero non poderán obter a Orde de concesión do título de especialista ata que non completen a devandita formación na súa integridade de acordo cos programas de formación establecidos e ata que non superen con cualificación positiva as avaliacións previstas ó efecto. Normativa
Máis Información A iniciación do trámite de emisión da Orde de concesión producirase unha vez que as Comisións de Docencia lle comunicasen ó Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social as avaliacións finais para a súa inscrición no Rexistro Nacional de Especialistas en Formación e este Ministerio, á súa vez, llo notificase ó Ministerio de Universidades. A data de efectos plenos do título de Especialista é a data de finalización do programa formativo (Referencia normativa: artigo 3.1.d) do Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, na modificación realizada pola Disposición adicional terceira, do Real Decreto 1002/2010, do 5 de agosto). Instrucións para iniciar o trámite Siga estes pasos na orde que se indica a continuación para solicitar a Orde de concesión. Unha vez teña a Orde de concesión, poderá iniciar o trámite para a expedición do título de Especialista en Ciencias da Saúde (en ningún caso pode solicitarse a expedición antes de ter a Orde de concesión):
Instrucións para residentes e alumnos que finalizaron a formación antes da convocatoria actual
|
INFORMACIÓN DE SOLICITUDEPrazo de presentación de solicitudes
|
CONTACTOAs consultas sobre o procedemento poden realizarse por calquera dos medios dispoñibles na páxina de Información administrativa |
NOTA: Ao acceder a este procedemento, temporalmente será redirixido á sede electrónica doutro organismo.