Homologación de títulos estranxeiros de educación superior a títulos oficiais universitarios españois de Grao ou Máster que dean acceso a profesión regulada en España
Por favor, lea atentamente a seguinte información de interese en relación co procedemento de homologación de títulos estranxeiros
INFORMACIÓN XERALPrazo de presentación de solicitudes: ABERTO PERMANENTEMENTE Procedemento reservado para Títulos que habilitan para o exercicio de profesións reguladas en España. Pode consultar as profesións reguladas no Anexo do Real Decreto 889/2022, do 18 de outubro. Descrición A través deste procedemento, pódese solicitar a homologación de títulos de educación superior outorgados por institucións estranxeiras a títulos oficiais universitarios españois de Grao ou Máster que dean acceso a profesión regulada en España. Tamén permite a consulta do estado da tramitación do expediente. Destinatarios Titulados por unha institución de educación superior oficial non española. Requisitos O procedemento supón o pago da taxa 107. Máis Información A homologación dun título estranxeiro a un título español que permita o acceso a unha profesión regulada suporá a posibilidade de exercicio da profesión regulada de que se trate nas mesmas condicións que os posuidores dos títulos españois que habiliten para tal exercicio. |
TRAMITACIÓNPresentación de solicitudes A tramitación deste procedemento realizarase por medios telemáticos. As solicitudes tramítanse por estrito orde de data de recepción e as solicitudes duplicadas desestimaranse. Tramitación da solicitude A tramitación da solicitude de homologación do título realízase a través da pestana procedementos da sede electrónica do Ministerio de Universidades, opción «Títulos universitarios». Para presentar a solicitude, prema o botón «Acceder ó procedemento» que figura na parte inferior dereita da pantalla e acceda ó espazo de tramitación. Pode identificarse mediante o sistema cl@ve; na páxina de tramitación dispón de toda a información dos requisitos necesarios. Tamén ten a opción de identificarse mediante usuario e contrasinal. Para iso, deberá crear o usuario previamente na sede. Dispón de varias pestanas para cumprimentar a información solicitada. Prepare a documentación que vaia aportar á solicitude; o procedemento telemático requiriralle a documentación necesaria para o seu caso. Pode gardar un borrador da súa solicitude e ir completando a documentación previamente á súa presentación. Antes de finalizar a solicitude, debe realizar o pago da taxa mediante algún dos métodos que se indican na sede electrónica. Unha vez presentada a solicitude premendo en enviar, quedará tamén rexistrada no rexistro xeral das administracións públicas e o sistema xeraralle un xustificante desta presentación por rexistro. Unha vez rexistrada a solicitude, queda habilitado o servizo de consulta do expediente. |
PAGO DA TAXAFORMAS DE PAGO: O pago asociado á solicitude de homologación pode realizarse de xeito telemático ou pode presentarse o xustificante do modelo 790107 cuberto e con certificación mecánica ou sinatura autorizada que acredite o pago, ou ben acompañada de xustificación suficiente do ingreso ou a transferencia en calquera conta restrinxida. - Pago telemático Permite pagar a taxa por transferencia bancaria ou tarxeta de crédito (sempre que o obrigado ó pago dispoña de NIF, CIF ou NIE e a súa entidade estea adherida ós correspondentes convenios coa AEAT de pago de taxas con cargo en conta ou mediante tarxeta). Poderá realizar o pago telemático:
- O representante identificouse mediante Cl@ve. - O representado tamén dispón dun NIF/CIF/NIE. - O apoderamento outorgouse a través do Rexistro Electrónico de Apoderamentos. Non será suficiente coa achega do documento que certifique a representación. - Pago en España Modelo 790-107 - Taxa por Homologación, equivalencia a titulación e a nivel académico e validación de títulos e estudos estranxeiros Este impreso presentarase en calquera Banco, Caixa de Aforros ou Cooperativa de Crédito, das que actúan como entidades colaboradoras na recadación tributaria. A folla número 3 quedará na entidade bancaria. A folla número 1, coa certificación mecánica ou sinatura autorizada da entidade bancaria que acredite o pago, aportarase á presente solicitude. A folla número 2 entregaráselle ó interesado como resgardo por parte da entidade financeira. - Pago no estranxeiro O aboamento da taxa realizarase mediante ingreso ou transferencia a favor do Ministerio de Universidades na conta restrinxida de recadación de taxas no estranxeiro: IBAN: ES16 9000 0001 2002 5310 8022. BIC: ESPBESMMXXX. DOMICILIO: Calle de Alcalá, 48, 28014 Madrid (España). O importe establecido para a taxa será en cada caso o que haxa que ingresar na devandita conta restrinxida, con independencia dos gastos que isto puidese ocasionarlle a quen ten que efectuar o pago con respecto á entidade dende a que se emita a transferencia. Eses gastos de transferencia ou calquera outra comisión bancaria, no seu caso, serán sempre de conta do interesado e non poderán minorar o importe da taxa que se ingrese na conta restrinxida. |
DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE PRESENTAR1. Requisitos 1.1. Oficialidade Tódolos documentos que se aporten deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes para iso, de acordo co ordenamento xurídico do país de que se trate. 1.2. Legalización Nalgúns casos, é preciso que os documentos orixinais estean debidamente legalizados (consultar artigo 13.1 do Real Decreto 889/2022, do 18 de outubro). A legalización é un acto administrativo polo que se lle outorga validez a un documento público estranxeiro, comprobando a autenticidade da sinatura posta nun documento e a calidade na que a autoridade asinante do documento actuou. Polo tanto, a legalización implica recoñecer a sinatura da autoridade educativa que asina os documentos, xa sexa a través do Ministerio de Educación do país de procedencia ou doutra institución. Posteriormente, debe ser recoñecida a sinatura do representante do Ministerio de Educación pola vía diplomática (Ministerio de Asuntos Exteriores e Consulado de España no país de Orixe) ou ben o Convenio da Haia. 1.3. Tradución xurada A documentación debe estar acompañada, no seu caso, da correspondente tradución oficial ó castelán. As traducións e interpretacións oficiais dunha lingua estranxeira ó castelán e viceversa serán as certificadas pola Oficina de Interpretación de Linguas do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, así como as realizadas por quen se atopa en posesión do título de tradutor-intérprete xurado que outorga ese mesmo Ministerio, tal e como se establece na disposición adicional décimo sexta da Lei 2/2014, do 25 de marzo, modificada pola disposición final cuarta da Lei 29/2015, do 30 de xullo. 2. Documentos necesarios coa solicitude A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación: 1. Documento que acredite a identidade e nacionalidade do solicitante, expedido polas autoridades competentes do país de orixe ou de procedencia ou polas autoridades españolas competentes en materia de estranxeiría. No caso dos cidadáns españois, documento nacional de identidade ou autorización para verificar os datos de identidade que están en poder da Administración. 2. Título cuxa homologación se solicita ou da certificación acreditativa da súa expedición e, no seu caso, da correspondente tradución oficial. 3. Certificación académica dos estudos realizados para a obtención do título na que consten, entre outros extremos, a duración oficial en anos académicos do plan de estudos seguido, as materias cursadas e a carga horaria total de cada unha delas expresada en horas ou en créditos ECTS (europeos) e, no seu caso, da correspondente tradución oficial. 4. Acreditación do pago da taxa 107. 5. Acreditación da competencia lingüística necesaria para o exercicio en España da correspondente profesión regulada (ver Artigo 13.2 do Real Decreto 889/2022, do 18 de outubro). 6. Dependendo da Profesión Regulada, pode ser necesaria a presentación doutros documentos en cumprimento da normativa vixente para cada profesión (ver apartado 3. Documentación Específica). 7. Declaración responsable na que a persoa interesada manifeste a veracidade dos datos que aporta. Os documentos anteriores son imprescindibles para iniciar o procedemento. 3. Documentación específica Nos seguintes casos, ademais da documentación indicada para iniciar o expediente, é necesario presentar a seguinte documentación específica: • Homologación ó título que dá acceso á profesión regulada de Médico ou Enfermeiro Se o título que pretende homologar foi obtido antes dos 6 anos previos á data de presentación da solicitude, deberase presentar, obrigatoriamente, documentación acreditativa do exercicio profesional en condicións de exercicio como médico ou enfermeiro autónomo e de non estar asociado ou recibindo titoría, ou ben, a formación continuada de, polo menos, 3 anos dentro dos últimos 5. Cando o titulado resida noutro país diferente ó de expedición do título e non poida acreditar experiencia profesional nos últimos anos no país de titulación, ademais dos documentos acreditativos de exercicio profesional como médico ou enfermeiro autónomo, o interesado deberá aportar a certificación acreditativa da institución e copia da homologación do seu título que habilite para o exercicio da profesión como médico ou enfermeiro no devandito país de residencia. • Homologación ó título que dá acceso á profesión regulada de Mestre en educación infantil e primaria Para solicitantes orixinarios de países non hispano falantes que soliciten unha homologación á profesión de mestre tanto en educación infantil como en educación primaria, requírese un certificado que acredite que posúe competencia lingüística de nivel C1 en español, segundo a Orde Ministerial ECI/3854/2007 y ECI/3857/2007, respectivamente, en lugar do nivel B2. Para solicitantes orixinarios de países hispano falantes que soliciten unha homologación á profesión de mestre tanto en educación infantil como en educación primaria, requírese un certificado que acredite que posúe competencia lingüística de nivel B1 en lingua estranxeira, segundo a Orde Ministerial ECI/3854/2007 y ECI/3857/2007, respectivamente. • Homologación ó título que dá acceso a unha profesión docente Cando o título que se pretende homologar non habilite para o exercicio da profesión, deberase presentar un certificado que acredite o devandito exercicio, así como a idade e materias ás que lles pode dar clase dun xeito correctamente legalizado. • Homologación ó título que dá acceso a unha profesión técnica Cando o título que se pretende homologar non habilite para o exercicio da profesión, deberase presentar un certificado que acredite o devandito exercicio. • Outras profesións Nas solicitudes de homologación a un título español oficial concreto de Máster que, conforme ó artigo 8.2 do Real Decreto 889/2022, do 18 de outubro, teña como requisito de acceso á formación estar en posesión dun título español oficial universitario concreto de Grao, deberá acreditar a posesión do Grao concreto esixido: ° Para a homologación á profesión de Psicólogo Xeral Sanitario, deberase presentar o título de Grao en Psicoloxía. ° Para a homologación á profesión de Avogado ou Procurador dos Tribunais, deberase presentar o título de Grao en Dereito. Nas solicitudes de homologación a Máster que, conforme ó artigo 8.2 do Real Decreto 889/2022, do 18 de outubro, teña como requisito de acceso á formación estar en posesión dalgún título de Grao (Profesor de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas), deberá acreditar a posesión deste ou da certificación de equivalencia á titulación na área e campo na que se enmarque o título para a admisión ó Máster. |
RESOLUCIÓN DEFINITIVAAs resolucións de homologación de títulos estranxeiros de educación superior formalizaranse mediante unha Credencial expedida pola Subdirección Xeral de Títulos e Ordenación, Seguimento e Xestión das Ensinanzas Universitarias do Ministerio de Universidades. Tódolos Certificados de Acreditación serán enviados en formato dixital con sinatura electrónica. |
NORMATIVAReal Decreto 889/2022, do 18 de outubro - Data de publicación no BOE: 19-10-2022 |
PREGUNTAS FRECUENTES |