Taxa 107 (modelo 790) Ingreso para homologacións, validacións e equivalencias de títulos e estudos estranxeiros
IMPORTANTE: Asegúrese de que o trámite que desexa realizar de Titulación Universitaria, para Homologación ou Equivalencia, é o correcto antes de realizar ningún pago de taxa. Unha vez realizado o abono da taxa, non procederá a devolución do mesmo agás que se trate dun pago duplicado ou exceso de pago.
INFORMACIÓN XERAL
Descrición
Dende o 1 de xaneiro de 2003, vense esixindo o abono dunha taxa por homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros, de acordo co artigo 28 da Lei 53/2002, do 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Orde Social, modificado pola disposición final oitava da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do Sector Público e outras medidas de reforma administrativa. A taxa págase pola iniciación, a solicitude do interesado, dun expediente de homologación ou equivalencia de títulos estranxeiros de educación superior, ou ben dun expediente de homologación ou validación de títulos ou estudos estranxeiros de educación non universitaria. A xustificación do abono da taxa será requisito necesario para a tramitación do expediente. No caso de que non se acredite o pago ou de que este sexa insuficiente, solicitaráselle ó interesado que lle poña remedio a esta situación de acordo co artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, con indicación de que, se non se efectuase, entenderase que desiste da súa solicitude.
Modalidades
Non se devindicará ningunha taxa pola solicitude de homologación ó título español de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Destinatarios
Pago en España:
- O abono realizarase mediante o impreso Modelo 790 (Universidades):
- Este impreso presentarase en calquera Banco, Caixa de Aforros ou Cooperativa de Crédito, das que actúan como entidades colaboradoras na recadación tributaria. O importe deberá aboarse en efectivo.
- A folla número 3 quedará na entidade bancaria.
- As follas número 1 e 2, coa certificación mecánica ou sinatura autorizada da entidade bancaria que acredite o pago, presentaranse xunto coa solicitude de homologación ou equivalencia, nos lugares sinalados para a súa presentación (Rexistros sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas). Unha vez rexistrados de entrada, o exemplar número 2 entregaráselle ó interesado como resgardo.
Pago no estranxeiro:
O abono da taxa realizarase mediante ingreso ou transferencia en favor do Ministerio de Universidades na conta restrinxida de recadación de taxas no estranxeiro: conta ES16 9000 0001 2002 5310 8022 do Banco de España, con domicilio en Calle de Alcalá, 48, 28014 Madrid (España).
IMPORTANTE: non se admiten pagos presenciais
IBAN: ES16 9000 0001 2002 5310 8022
BIC: ESPBESMMXXX
Código IBAN da conta restrinxida: ES16 9000 0001 2002 5310 8022 (os vinte díxitos do C.C.C. Da conta, precedidos por ES16). Este código pode requirirse para efectuar transferencias dende bancos estranxeiros, ó igual que o Código BIC (anteriormente denominado «Swift Code»): ESPBESMMXXX
O importe establecido para a taxa será en cada caso o que haxa que ingresar na devandita conta restrinxida, con independencia dos gastos que isto puidese ocasionarlle a quen ten que efectuar o pago con respecto á entidade dende a que se emita a transferencia. Eses gastos de transferencia ou calquera outra comisión bancaria, no seu caso, serán sempre de conta do interesado e non poderán aminorar o importe da taxa que se ingrese na conta restrinxida.
INFORMACIÓN DA SOLICITUDE. TAXA 107 (MODELO 790)
Modelo(s) de solicitude
Importante:
En caso de acceder a Internet a través dun servidor proxy, unha vez acceda á páxina de visualización do modelo 790, prema no botón actualizar do seu navegador.
CADA SOLICITUDE CONSTA DE 3 COPIAS E É ÚNICA E IDENTIFICADA CUN NÚMERO CONCRETO. POLO TANTO, SE DESEXA OBTER ALGUNHA OUTRA SOLICITUDE, DEBERÁ DESCARGALA DE NOVO (EN NINGÚN CASO FAGA FOTOCOPIAS)
Instrucións
Para a solicitude de homologación, validación ou equivalencia, o abono da taxa non exime da necesidade de cubrir e presentar o modelo oficial de solicitude de homologación, validación ou equivalencia, acompañado da documentación preceptiva.
A solicitude de homologación, validación ou equivalencia debe presentarse acompañada do Modelo 790 (con certificación mecánica ou sinatura autorizada que acredite o pagamento), do xeito antes descrito, ou ben acompañada de xustificación suficiente do ingreso ou a transferencia na conta restrinxida que se sinalou.
Presentación de solicitudes
As solicitudes e escritos poderán presentarse en calquera das dependencias contempladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Consulta as oficinas de rexistro.
CONTACTO
As consultas sobre o procedemento poden realizarse por calquera dos medios dispoñibles na páxina de Información administrativa
OUTRA INFORMACIÓN
Normativa
- Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do Sector Público e outras medidas de reforma administrativa
- Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria
- Lei 53/2002, do 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Orden Social
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
- Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral das actuacións e dos procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos
- Real Decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, en materia de revisión en vía administrativa.
DEVOLUCIÓN DE INGRESOS INDEBIDOS TAXA 107
Pode realizar este trámite a través do procedemento «Solicitude da devolución de ingresos indebidos da taxa por homologación e expedición de títulos ou estudos estranxeiros», que se atopa nesta mesma sede.
Dentro deste procedemento, tamén se atopa toda a información necesaria para a súa xestión.